Tivemos a sorte, hai un par de semanas, de poder embarcar no Barco Muralla
de Lugo da Deputación Provincial. Esta aula-barco, dedícase á promoción e
sensibilización medioambiental da provincia de Lugo. En concreto das tres
Reservas da Biosfera que temos na provincia.
A primeiras desas reservas foi declarada como tal no ano 2002 e é a Reserva da Biosfera Terras do Miño,
despois viñeron a do Río Eo, Oscos e
Terras de Burón, que compartimos coa veciña e querida terra asturiana, e
por último a Reserva da Biosfera dos
Ancares da que tamén forman parte os Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Por último tamén nos informaron do LIC
Ancares-Caurel integrado pola impresionante Serra do Caurel.
Exteriormente simula un barco coa súa proa, cuberta e ponte de mando
-transportado sobre unha plataforma de 13 m- á que se accede a través dunha
pasarela.
No exterior incorpora elementos mariñeiros tradicionais como as redes de
pesca, nasas, salvavidas ou balizas.
No seu interior tamén está ambientado con elementos propios de embarcacións
pesqueiras e mercantes e con fotografías antigas da costa de Lugo.
Como vos podedes imaxinar, pasamos uns interesantes momentos no barco na
compañía dos dous monitores, Johny e
Gloria, aos que lle queremos agradecer a súa atención e sobre todo que
foran tan didácticos, que nos acercaran toda esa información de maneira tan
sinxela e amena.
Tamén lles queremos agradecer a súa paciencia ante o bombardeo de preguntas
ás que foron sometidos polo terceiro grado do alumnado de quinto do CEIP de
Antas de Ulla.
Mirade estas fotos da visita do alumnado do terceiro ciclo.






Ningún comentario:
Publicar un comentario