Con esta tarxeta de felicitación do Nadal, queremos felicitar estas datas a
toda a comunidade educativa do CEIP de Antas de Ulla.
Como nos últimos anos, este ano tamén organizamos o Concurso de Tarxetas de
Nadal co que cada clase felicita e traslada os mellores desexos cara o vindeiro
ano ás súas familias.
As tarxetas que van coa fotografía do alumnado son as gañadoras e o resto pódense
ver nas fotografías de tarxetas colectivas.
Nesta ocasión ademais, o alumnado de 5º e 6º participamos na elaboración do
mural que se ve ao fondo. Un moi sinxelo mural no que representamos as típicas
bolas da árbore de Nadal. Realizáronse a través dun folio no que cun garabato o
alumnado ía dando forma ás bolas para posteriormente pintar as zonas
intermedias.
Pois iso, BO NADAL a todas e todos.







Ningún comentario:
Publicar un comentario